Ainfogra xurdiu no ano 2006 como iniciativa da Federación EFA de Galicia e foi desenvolvido no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa. Contou, nos seus inicios, co cofinanciamento da Consellería de Innovación e Industria , Dirección Xeral de promoción Industrial e Sociedade da Información e coa colaboración e cofinanciación da Cooperativa Agraria Provincial. Dende o ano 2009 o proxecto pasou a ser liderado por Fundesar, que asume os obxetivos e compromisos do proxecto e faise cargo do seu desenvolvemento e soporte.
As áreas de actuación ou inicidencia de Ainfogra son Medio Rural, Novas Tecnoloxías e Xestión Integral. Deste xeito Ainfogra érguese como pilar de difusión, formación e desenvolvemento en Software Libre orientado ao Medio Rural.
Obxetivos:
- Difusión: Difusión / información sobor o Software Libre e os beneficios que o mesmo pode supor tanto persoal como profesionalmente.
- Formación: Formación en Software libre a través de todas as infraestructuras posibles, presencial, online, mixta, etc.
- Desenvolvemento de Software: Creación de Software Libre e gratuiro de Xestión Integral para as pequenas e medianas empresas do Medio Rural.